Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 1995 Páx. 661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CÉDULA do 15 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador de Pontevedra número PO-34/1993, incoado ó establecemento de hostal denominado Argentino de Vigo, pola infracción da normativa vixente en materia de turismo, e devolta polo servicio de correos pola ausencia do interesado.

Pola presente cédula, notifícase a Luis Company Tormo, cos datos e últimos enderezos que no anexo se sinalan, a resolución dictada por esta Secretaría Xeral para o Turismo, en virtude das facultades que lle outorga o artigo 16, apartado b) da Lei 6/1992, do 26 de xuño, de disciplina turística, e en relación co expediente que igualmente se relaciona no anexo.

Faíselle saber que o expediente poderá examinalo, e obter copias dos documentos contidos nel, na Secretaría Xeral para o Turismo. Así mesmo particípaselle do dereito que o asiste para interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presiden

cia e Administración Pública no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da data de publicación da presente cédula.

E para que conste e lle sirva de notificación a Luis Company Tormo, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 15 de decembro de 1994.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario Xeral para o Turismo

ANEXO

Nº expediente: PO-34/1993.

Titular: José Manuel Freire Freire.

Establecemento expedientado: Hostal Argentino.

Último enderezo coñecido: r/ Lepanto, 8. Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: Artigo 9.t) da Lei 6/1992 de disciplina turística.

Resolución: Sobresemento.