Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995 pola que se convoca o curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

O Decreto 121/1992, do 14 de maio (DOG nº 96, do 21 de maio) regula a estructura orgánica e as funcións da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Para o desempeño de determinados postos de traballo, a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia (DOG nº 104, do 1 de xuño), modificada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo (DOG nº 51, do 13 de xuño) no seu artigo 27.2º, establece como requisito necesario estar en posesión de diploma específico.

A Orde do 6 de malo de 1992 (DOG nº 88, do 11 de maio) establece que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores de servicios será requisito necesario estar en posesión do diploma de inspección de servicios expedido pola EGAP (artigo 1), engadindo que, para a obtención do citado diploma, será necesario consegui-lo resultado favorable no curso convocado para o efecto (artigo 2).

En consecuencia, convócase o III curso para a obtención do diploma de Inspección de Servicios que deberá desenvolverse conforme as seguintes:

BASES:

1ª Obxecto do curso.

O presente curso ten por obxecto ofrece-la formación específica e os coñecementos prácticos necesarios que garanten que os que o superen reúnan as esixencias de idoneidade necesarias para poder acceder, se é o caso, ós postos de traballo correspondentes a inspectores e subinspectores de servicios.

2ª Solicitantes.

De acordo co disposto no artigo 3 da Orde do 6 de maio de 1992, poderán solicita-la súa participación no curso os funcionarios que, con referencia ó último día do prazo de presentación de instancias, posúan os seguintes requisitos:

a) Pertencer ó corpo ou escala dos grupos A ou B de calquera Administración pública.

b) Estar en situación de servicio activo ou servicios especiais nalgunha das administracións públicas.

c) Ter prestado servicios en calquera Administración pública por un tempo mínimo de tres anos.

3ª Instancias, memoria e prazo de presentación.

As instancias presentaranse segundo o modelo que figura como anexo I da presente convocatoria. A elas uniranse as certificacións ás que fai referencia o anexo II, así como os documentos (orixinais, ou copias compulsadas) xustificativas destas.

Os solicitantes deberán presentar, xunto coa instancia, unha memoria sobre o seguinte tema: a ava

liación do rendemento individual e de grupos ou equipos de traballo. Experiencias comparadas no ámbito internacional. Análise do artigo 63 bis do proxecto da lei de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. A dita memoria presentarase á máquina ou ordenador, a dobre espacio, en DIN A4, cunha extensión de 10 a 15 follas.

Os anexos I e II, xunto coa documentación que corresponda, se é o caso, así como a memoria e a autorización do superior xerárquico para participar no curso, presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo nº 1 de San Caetano, ou por calquera dos medios previstos pola normativa reguladora do procedemento administrativo.

O prazo de presentación é de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

4ª Comisión de selección.

A selección dos participantes no curso será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente: o director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Vocais: o director xeral-xefe da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, o director xeral de Función Pública, o director xeral da Escola Galega de Administración Pública, o director do curso, un representante das organizacións sindicais presentes na mesa de negociación da Xunta de Galicia e o secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública, que fará de secretario da comisión, con voz, pero sen voto.

5ª Selección dos participantes.

A selección dos participantes faraa a comisión en dúas fases:

-Baremo de méritos.

-Entrevista persoal.

6ª Baremo de méritos.

Nos baremos valoraranse, ata un máximo de 6 puntos, os seguintes méritos adquiridos ata a data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A) Pertenza ós grupos A ou B:

Por pertencer ó grupo A: 2 puntos.

Por pertencer ó grupo B: 1 punto.

A pertenza a un ou outro grupo deberá ser certificada, segundo anexo II, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solitante.

En caso de que unha persoa pertenza ós dous grupos, só se valorará a pertenza ó grupo A.

B) Experiencia en postos directivos nas administracións públicas; 0,50 puntos por cada 2 anos de exercicio de postos de xefatura, comprendendo só

os exercicios como xefe de servicio ou posto superior, cun máximo de 2 puntos.

Esta experiencia deberá ser certificada, segundo o anexo II, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solicitante. As datas de referencia, a efectos do cómputo do tempo, serán as que figuren nas dilixencias de toma de posesión e de cesamento.

C) Experiencia en postos de traballo relacionados con tarefas de organización, racionalización e administración orzamentaria, de persoal e sistemas de información, tanto na Administración pública como na empresa privada: 0,50 puntos por cada ano ata un máximo de 2 puntos.

A experiencia desenvolvida na Administración pública deberá ser certificada, segundo o anexo II, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solicitante. As datas de referencia, para efectos do cómputo do tempo, serán as que figuren nas dilixencias de toma de posesión e de cesamento.

A experiencia desenvolvida na empresa privada acredítase mediante a presentación de copia compulsada do correspondente contrato e/ou certificación da empresa na que consten a categoría profesional, as funcións desenvolvidas e a duración do contrato de traballo.

7ª Entrevista persoal.

A entrevista valorarase de 0 a 6 puntos e orientarase a determina-las condicións intelectuais e profesionais, calidades humanas e idoneidade dos aspirantes para o desenvolvemento dos postos de inspector e subinspector de servicios, para este efecto a comisión de valoración formularalle ó aspirante as preguntas que estime procedentes sobre a estructura, contido e conclusións da memoria presentada.

8ª Relación de participantes.

Efectuada a valoración de méritos, publicarase no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, co fin de que no prazo de 5 días os aspirantes formulen as alegacións que xulguen convenientes.

Finalizadas as entrevistas a relación de admitidos publicarase igualmente no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sen prexuízo de comunicarllo directamente ós interesados.

Contra a citada publicación poderase interpoñer recurso ordinario no prazo de un mes perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

9ª Características do curso.

-Número de prazas: 25.

-Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública. Polígono das Fontiñas, s/n. Santiago de Compostela.

-Duración: 100 horas lectivas durante os meses de marzo, abril e maio de 1995, ademais do tempo necesario para a realización dos traballos prácticos.

Horario: xeralmente os mércores, xoves e venres en sesións de mañá e tarde en semanas alternas.

10ª Modificacións.

A Inspección Xeral de Servicios poderá modifica-la duración, datas e horarios mencionados para adaptalos ás necesidades administrativas e ás continxencias que xurdan no desenvolvemento do curso.

11ª Contido do curso.

Estará constituído polo desenvolvemento teórico-práctico dos seguintes módulos:

-Módulo I. Aptitudes e habilidades para o traballo de inspector e subinspector de servicios.

-Módulo II. Técnicas de descrición e análise de procedementos administrativos.

-Módulo III. O Sistema de Xestión de Procedementos Administrativos (SXPA). Deseño conceptual. A súa arquitectura técnica. O papel da Inspección Xeral de Servicios no seu funcionamento.

-Módulo IV. Técnicas de dimensionamento de cadros de persoal, análise de cargas de traballo e estructuras administrativas. A avaliación do rendemento individual e de grupos de traballo ou equipos.

-Módulo V. Metodoloxía e técnicas de inspección operativa de servicios.

As materias impartidas nos módulos complementaranse con conferencias e seminarios a cargo de especialistas culalificados nas distintas materias.

12ª Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades do curso. A ausencia xustificada deberá ser autorizada polo director do curso.

A falta de asistencia, aínda que estea xustificada, a máis do 20% das horas lectivas, determinará tamén a cualificación de «non apto» no curso.

13ª Avaliación do curso.

Ó longo do curso efectuarase unha avaliación do traballo realizado polos participantes nel, considerando, para tal efecto, o seu grao de dedicación e o aproveitamento obtido do contido dos diversos módulos.

14ª Expedición do diploma.

Finalizado o curso, o seu director elevará proposta dos participantes considerados aptos ó inspector xeral de servicios, que dictará resolución definitiva. A Escola Galega de Administración Pública procederá á expedición do diploma de Inspección de Servicios.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública