Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 1995 Páx. 618

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995 pola que se convocan cursos de perfeccionamento en materia de información e atención ó cidadán para os grupos C e D da Xunta de Galicia.

Dentro do programa de actividades da EGAP, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles correspondan, a instancia e o currículum segundo o modelo anexo II.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar noutros durante os anos de realización do curso solicitado.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no anexo I.

4. A dita documentación dirixirase á EGAP, rúa de Madrid, nº 2-4 (polígono das Fontiñas), 15703 Santiago de Compostela, e presentarase no rexistro da EGAP ou no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso. Nos cursos que se celebren fóra de Santiago de Compostela terá preferencia o persoal dos servicios provinciais respectivos.

2. A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP.

Terceira.-Certificacións de participación.

1. É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen sobrepasa-lo 15% das horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

2. Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitarlles unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

CURSOS DE FORMACIÓN E ATENCIÓN Ó CIDADÁN

1. Obxectivos:

Os cursos teñen por finalidade a mellora da imaxe da Administración e pretenden conseguir novas pautas de comportamento dos funcionarios públicos nas súas comunicacións cos cidadáns.

2. Destinatarios:

Persoal de administración dos grupos C e D da Xunta de Galicia, con preferencia para o que non teña recibido formación neste eido.

Os criterios selectivos a ter en conta serán os que se fan públicos no apartado A) do anexo á resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

3. Desenvolvemento:

3.1. Duración: 24 horas.

3.2. Horarios: de 17.00 a 21.00 horas.

3.3. Prazas: 25.

3.4. Lugares e datas.

LugaresDatas

Santiago8, 9, 13, 14, 15 e 16 de febreiro.

A Coruña13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo.

Ourense27, 28 e 29 marzo e 3, 4 e 5 de abril.

Pontevedra17, 18, 19, 24, 25 e 26 de abril.

Lugo2, 3, 4, 8, 9 e 10 de maio.

Vigo15, 16, 18, 22, 23 e 24 de maio.

Ferrol15, 6, 7, 12, 13 e 14 de xuño.

4. Contido básico:

A relación interpersoal.-Relacións co público. Resolución de situacións. A información e atención ó cidadán na Xunta de Galicia.

5. Prazos:

O prazo de presentación de instancias será de 20 días contados desde o seguinte ó de publicación desta resolución no DOG.