Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación, delimitación e estudio de detalle da UE. II-10 Fragoso.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 23 de decembro de 1994 a modificación da delimitación e o estudio de detalle, alternativo 1, da unidade de execución II-10 Fragoso, sométese á exposición pública polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP prensa e taboleiro da Casa do Concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde