Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 576

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 5 de xaneiro de 1995 sobre nomeamento de secretarios en réxime de provisión temporal.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante da comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza de Galicia, sobre nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 30-12-1994, Ministerio de Xustiza, Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza. Pza. de Galicia, s/n, 15004 A Coruña.

Visto o acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan.

Esta xerencia territorial, en uso das atribucións que lle confire a orde ministerial do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28-6-1991) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes cos efectos previstos no artigo 13.1º do Real decreto 1.616/1989, do 29 de decembro, segundo a nova redacción dada polo número 1.377/1991, do 13 de setembro (BOE do 26-9-1991). Nomeamento acordado na Sala de Goberno de data 23-12-1994:

-Provincia de Ourense

María del Carmen Tenreiro Montero, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Xinzo de Limia.

-Provincia de Pontevedra

Benita María Gándara Valije, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cangas

María Lorenza Fernández Calaza, Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Redondela

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario perante o subsecretario do departamento, no prazo de un mes, contado a partir do seguinte ó da notificación dela. O cal comunico para o seu coñecemento e demais efectos.

O xerente territorial, Manuel Olmo Peláez. Asinado. Hai un carimbo de saída da xerencia territorial.

Deberán tomar posesión dentro dos vinte días naturais contados desde o seguinte ó da data da publicación no DOG ou desde o seguinte ó do cesamento.

A Coruña, 5 de xaneiro de 1994.

José Ramón Vázquez Sandes

Presidente