Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MACEDA

EDICTO do 22 de decembro de 1994 referente á convocatoria para prover unha praza de policía local e unha de fontaneiro.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 279, do 7 de decembro de 1994 (corrección de erros no BOP núm. 289, do 20 de decembro) publícase integramente a convocatoria e as bases para a provisión, mediante oposición libre, de unha praza de policía local e unha de fontaneiro.

As instancias, segundo o modelo que se facilitará nas oficinas municipais, presentaranse dentro dos vinte días seguintes ó da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse soamente no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no taboleiro de anuncios do Concello.

Maceda, 22 de decembro de 1994.

O alcalde

Rubricado