Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 569

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Pensionistas (ASOGAPEN).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Pensionistas (ASOGAPEN), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán formar parte da asociación os beneficiarios de calquera clase de prestación social (por xubilación, viuvez, orfandade...) procedentes dos diversos réximes da Seguridade Social e de clases pasivas da administración que soliciten por escrito a súa admisión na asociación.

Asinan a acta de constitución: Manuel Rúa Fernández e Román Gómez Graña.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais