Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 569

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia Silvanus.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia Silvanus, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os propietarios de montes públicos ou privados, persoas físicas ou xurídicas que residan en Galicia ou teñan predios dentro do territorio da Comunidade Autónoma. Tamén poderán formar parte aquelas persoas físicas ou xurídicas que se desexen encadrar nela e estean dispostas a acala-los seus estatutos.

Asinan a acta de constitución: Juan Pérez Miramontes e Abel Moisés Iglesias Sixto.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais