Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 564

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 10 de xaneiro de 1995 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar obras de construcción, reforma, rehabilitación e equipamento das casas dos concellos.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais pretende colaborar cos concellos nos investimentos dedicados á mellora das súas instalacións e dependencias administrativas, e regular, por medio da presente orde, a concesión de axudas económicas destinadas á realización das obras de construcción, reforma, rehabilitación e equipamento das casas dos concellos. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Establécense subvencións ós concellos de Galicia, destinadas á realización de obras de construcción, reforma, rehabilitación e equipamento das casas dos concellos. As ditas subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.761.00, programa 123. A dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, ata un límite de catrocentos trinta millóns de pesetas (430.000.000 pts).

2. Poderán subvencionarse:

a) Obras de construcción de nova planta naqueles concellos en que, polas condicións de ruína ou avanzada deterioración do edificio, se aconselle a súa reposición, ou, en todo caso, obra nova.

b) Obras que supoñan a rehabilitación integral de edificios que vaian ser destinados a casa do concello.

c) Obras de reparación de tellados, calefacción e/ou servicios sanitarios, así como as obras complementarias e incluso obras menores e construccións parciais.

d) Equipamento das casas dos concellos (bens non consumibles).

Artigo 2º

A porcentaxe que poderá acada-la axuda económica é do 100% do total do orzamento presentado.

Artigo 3º

No caso de obras de nova construcción, que por disposición municipal teñan carácter plurianual, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderá comprometerse a subvencionar outras fases da execución da obra, con xuxeición ás limitacións contidas no artigo 58 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 4º

Os concellos que desexen acollerse ós beneficios desta orde elevarán a súa petición por medio de instancia dirixida ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o modelo que figura como anexo desta orde, e presentarana no rexistro xeral das delegacións provinciais, no da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ou por calquera outro dos medios a que se retire o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, no prazo de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

a) Certificación do acordo adoptado polo órgano competente do concello polo que se aproban as obras que se van realizar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos na presente orde.

b) Memoria xustificativa da necesidade das obras para as que se solicita subvención, con expresión da fase, de se-lo caso, á que corresponda.

c) No suposto de construcción dun novo edificio, o proxecto da obra que se vai realizar e unha certificación da secretaría xeral da corporación, referente á titularidade e disposición do concello sobre o terreo onde se pretende construí-la nova casa do concello.

No suposto de obras menores ou de equipamento, será suficiente a presentación da correspondente memoria valorada.

d) Fotografías da casa do concello que incidan especialmente nas zonas onde se proxecta a realización das obras para as que se solicita subvención.

O defecto nas solicitudes seralles notificado ós interesados pola correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, concedéndoselles un prazo de dez días para emendaren erros ou omisións. Transcorrido o dito prazo, se non se producise a dita emenda, as peticións serán arquivadas sen máis trámite.

Artigo 5º

Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios

competentes das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e os delegados provinciais elevaranlle o correspondente informe ó director xeral de Xustiza e Interior. O director xeral de Xustiza e Interior, á vista do informe sinalado, elevará proposta ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, que resolverá.

Artigo 6º

Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos:

A.-A necesidade das obras que se van realizar, apreciadas en razón da súa urxencia, en canto ó estado material e ás condicións de uso do actual edificio do concello.

B.-A situación económica do concello considerada pola contía do seu orzamento é pola súa situación financeira.

C.-A poboación e extensión do termo municipal.

Artigo 7º

A resolución da consellería respecto da presente liño de subvencións seralles notificada ós solicitantes ós que se lles conceda a subvención, na forma prevista no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De non notificarse resolución favorable, no prazo de tres meses contados desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia entenderase desestimada a petición correspondente.

Artigo 8º

A tramitación e adxudicación das obras será realizada polos concellos conforme a súa propia normativa, dándolle conta deste acto á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais mediante certificación expedida polo secretario xeral da corporación.

Artigo 9º

1. Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos ó obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Xustiza e Interior da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

2. Os beneficiarios da subvención presentarán, ante a correspondente delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, dependendo do caso, as seguintes xustificacións, antes do día 15 de setembro de 1995, inexcusablemente:

a) No caso de obras, certificación en modelo oficial, con relación valorada, tramitada conforme o procedemento que rexe para a administración local, acompañada da correspondente certificación, expedida polo secretario da corporación relativa ó acordo de aprobación pola corporación municipal: orixinais ou fotocopias compulsadas, por triplicado

b) No caso de equipamentos, facturas orixinais ou fotocopias compulsadas nas que conste a aprobación da corporación.

As delegacións provinciais, de atoparen conformes os xustificantes, remitiranos á Dirección Xeral de Xustiza e Interior que proporá o libramento de fondos.

Artigo 10º

No caso de que o beneficiario da axuda incumprise algunha das condicións ou abrigas estipuladas, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houber, e a reclamación dos xuros de mora polas mesmas, a teor do disposto no artigo 78.6 da Lei 11/1992, do 7 de outubro.

Artigo 11º

Os solicitantes ós que non lles sexa concedida a subvención disporán dun prazo de 30 días naturais, contados a partir da resolución, para retira-la documentación presentada. Transcorrido este prazo, arquivarase sen máis trámite.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xustiza e Interior para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

Director Xeral de Xustiza e Interior.

Delegado Provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais na Coruña.

Delegado Provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais en Lugo.

Delegado Provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais en Ourense.

Delegado Provincial da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais en Pontevedra.