Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de decembro de 1994 pola que se aproba o cambio de dominio da batea denominada Álvarez nº 2, situada no distrito marítimo de Ribeira C, cuadrícula nº 22 a favor de Ernesto Ozores Fajardo e Carmen Hermo Fernández.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Álvarez nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Ribeira C, cuadrícula nº 22.

Dada da concesión: 30-10-64.

Data do remate da última prórroga: 14-5-95.

Anterior concesionario: Manuela Trasbach Miron e Juan Fungueiriño Muñiz en régimen de gananciais.

Novo titular da concesión e batea: Ernesto Ozores Fajardo e Carmen Hermo Fernández.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 29 de decembro de 1994.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña