Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de novembro de 1994 pola que se aproba a concesión administrativa da batea denominada «E.R.S.», a favor de Elpidio Rial Sanes.

Declarado de interese marisqueiro e de urrxente execución o procedemento de revisión dos polígonos A, B, C, D, E, F, G, H e I, do distrito marítimo de Cambados, por orde do 4 de maio de 1987 (DOG nº 96 e 100); tendo en conta a resolución do conselleiro do 30 de xullo de 1992, na que estimaba o recurso de alzada, interposto por Elpidio Rial Sanes, e tendo en conta que no expediente da batea de que se trata se cumpriron os trámites que dispón a lexislación vixente, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe xurídico emitido polo Servicio Técnico Xurídico, acorda:

Outorgar concesión administrativa, para a explotación da seguinte batea, coas características e determinacións que se mencionan:

Titular: Elpidio Rial Sanes.

Nome da batea: «E.R.S.».

Situación: Cuadrícula 223, Cambados «F».

Cultivo: mexillón.

Plataforma: 20x20, con 4 boias de 3x2,30.

Número de cordas: 500 máximo.

Lonxitude cordas: 12 metros profundidade máxima.

A concesión administrativa outórgase baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Outórgase polo prazo de dez (10) anos, prorrogables polo prazo da mesma duración a pedimento do interesado antes do seu vencemento, ata un total de trinta anos a partir da data de publicación no DOG, conforme o disposto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segunda.-Esta concesión extinguirase polas causas previstas no artigo 72, da mencionada Lei 6/1993, e polo disposto no artigo 24.4º do Decreto 423/1993, ou por incumprimento dalgunha das condicións desta orde.

Terceira.-A Conselleria de Pesca, Marisqueo e Acuicultura reserva para si, en todo caso, o dereito de rescate da concesión e a facultade de expropia-lo concesionario por causas de utilidade pública, coa indemnización que corresponda de acorde co que dispoña a lexislación en vigor.

Cuarta.-O concesionario queda abrigado a observa-los preceptos que determina a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; título II - Cultivos mariños, capítulo I, de conformidade co disposto no Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños; así como cantas disposicións relacionadas con esta actividade estean vixentes.

Quinta.-O concesionario queda abrigado a proporcionarlle á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura os datos estatísticos que regulamentariamente se determinen, de conformidade co que se dispón no artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e artigo 73 da Lei 6/1993.

Sexta.-De acordo co disposto no artigo 25.3 do Decreto 423/1993, a batea deberá ostentar visiblemente unha placa identificativa de acordo co modelo aprobado para o efecto.

Sétima.-O concesionario deberá xustifica-lo pagamento á Facenda pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas ou acredita-la declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feito pola delegación de Facenda ou pola oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1994.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura