Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 1995 Páx. 562

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCION do 28 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 115/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. nos lugares de Igrexa, Abegode, Basquida-Entienza II, concello de Salceda de Caselas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como cos demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Electra Alto Miño, S.A., a instalación de unha R.B.T. nos lugares de Igrexa, Abegode, Basquida-Entienza II, concello de Salceda de Caselas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 28 de novembro de 1994.

Ramón Alvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra