Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do 5-12-1994, o expediente de revisión das normas subsidiarias de planeamento municipal, redactadas polo arquitecto Luis Couto González, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, o expediente poderá ser examinado na secretaría do Concello e formularse as reclamacións e alegacións que se coiden pertinentes.

A citada revisión, e para efectos de suspensión de licencias previsto nos artigos 102 do texto refundido da Lei do solo, do 26 de xuño de 1992, e 120 do Regulamento de planeamento do 23 de xuño de 1978, afecta a todo o territorio municipal; poderán concederse, non obstante, licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Teo, 28 de decembro de 1994.

Ignacio Varela Eiras

Alcalde

CAIXA DE AFORROS MUNICIPAL DE VIGO- CAIXAVIGO