Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de poxa.

1. Obxecto.-De conformidade co acordado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 1 de decembro de 1994, anúnciase poxa para as obras de construcción do mercado municipal de Fene, 5ª fase, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Andrés Reboredo Santos.

2. Orzamento.-31.328.839 ptas.

3. Prazo de execución.-Catro (4) meses.

4. Fianza provisional e definitiva.-Provisional 626.577 ptas. e definitiva o 4% do orzamento total da obra.

5. Prego de condicións.-Rexe para este contrato o prego de condicións aprobado pola corporación municipal en sesión do 5 de decembro de 1989.

6. Proposicións.-Presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/a. con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de...) con DNI ou CIF número... e con domicilio en... rúa... nº... teléfono..., toma parte na poxa convocada polo Concello de Fene e publicada no... do... para a execución das obras comprendidas no Proxecto de... e para tales efectos fai constar:

1.-Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas en relación co tipo de licitación.

2.-Que coñece e acepta cantas abrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3.-Que xunta nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 1994.

O/a licitador/a (Asinado e rubridado)

7. Clasificación do contratista.-Grupo I, subgrupo 6; grupo G, subgrupo 6. Categoría C.

8. Presentación de plicas.-No rexistro xeral do Concello, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de 20 días hábiles, computables desde o seguinte ó da última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, segundo resulte.

9. Apertura de plicas.-Na sala de comisións, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábado) a aquel no que remate o prazo de presentación de plicas.

Fene, 2 de decembro de 1994.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde