Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 183/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue: Dúas liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, con orixe na liña Rianxo-Regueiro.

-Unha de 32 m de lonxitude, con remate no C.T. Regueiro I.

-Outra de 53 m de lonxitude, con remate no C.T. Regueiro II.

Dous centros de transformación aéreos sobre apoios de formigón, con tensións de 20/0,380-0,220 kV e 100 kVA en Regueiro e 50 kVA en Regueiro II, con redes de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor RZ de 1.049 m de lonxitude. Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Cocuña, 24 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña