Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 182/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:

-Derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón e conductor LA-56, de 54 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 4 da liña Ribeira-Deán Pequeno (expediente 23.679) e remate en CT Cruxeiras.

-Centro de transformación aéreo, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cruxeiras do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 3.801 m de lonxitude nos lugares de Deán Pequeno, Fondavila, Cruxeiras e Corral de Abaixo. Ribeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 24 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña