Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 181/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 KV de 3 (1x95) mm Al, de 365 m de lonxitude, con orixe na liña Pedrido-Carral e remate no C.T. campo da feira, en Carral.

-Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións 15/20/0,380-0,220 kV en campo da feira, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios formigón e conductor RZ de 566 m de lonxitude. Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 24 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña