Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 556

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS MUNICIPAL DE VIGO-CAIXAVIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

O consello de administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, na súa sesión do 22 de decembro de 1994, a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o día 31 de xaneiro de 1995 na sala de conferencias do Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz nº 13 desta cidade, ás dezaoito horas en primeira convocatoria e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segunda convocatoria, conforme a seguinte orde do día:

1.-Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2.-Aprobación, se é o caso, da xestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación de excedentes, informe para o efecto da comisión de control.

3.-Aprobación, se é o caso, das liñas xerais do plan de actuación anual:

4.-Liquidación do orzamento da obra social de 1994 e orzamento para 1995.

5.-Informe da comisión de control sobre a súa actuación en 1994.

6.-Autorización para a emisión de títulos.

7.-Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Rógase ós señores conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de xeito que non se demora o comezo da asemblea.

Vigo, 16 de xaneiro de 1995.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente do Consello de Administración