Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 159/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:

-Liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor RZ de 255 mm Al, de 153 m de lonxitude, con orixe na rede do lugar e remate en terreo de Miguel Amador Fernández Videla, en Cermuzo (Miño).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 22 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña