Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 158/1994 (52.645)).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación que segue:

-Liña eléctrica aerosubterránea de media tensión, a 15/20 kV, con orixe na subestación de Cabana, nos seguintes tramos:

-Tramo I.-Desde subestaestación a apoio nº 7, en dobre circuíto aéreo sobre apoios metálicos e conductor LA-110, de 646 m de lonxitude.

-Tramo II.-Desde o apoio nº 7 ó apoio nº 20, en simple circuíto, sobre apoios de formigón e conductor LA-110, de 2.386 m de lonxitude.

-Tramo III.-Desde o apoio nº 20, en subterráneo, baixo tubo, con conductor RHV 12/20 de 3 (lx240) mm Al e 960 m de lonxitude, dentro do núcleo urbano de Ponteceso. Cabana e Ponteceso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña