Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 155/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e conductor RZ de 95, 50 e 25 mm Al, de 2.449 m de lonxitude, que parte do C.T. Tabeaio e discorre por Tabeaio e Lodeiro. Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña