Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº 160/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Unión Eléctri

ca-Fenosa,S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Ampliación de dous novos módulos de liña a 66 kV denominados Mesón do Vento e Cabana na subestación da Brea, en Carballo, instalando:

-Pórtico de estructura metálica en perfís en L de aceiro, de 8 m de altura.

-Embarrado con cable simplex aluminio-aceiro, tipo Cóndor de 402,84 mm.

-Interruptor en exafluoruro de xofre a 72,5 kV de tensión nominal e 2.000 A, de accionamento eléctrico.

-Seccionador de liña de 3 columnas por polo, a 72,5 kV e 1.250 A de accionamento eléctrico.

-Seleccionador de barras de 3 columnas por polo, a 75,5 kV e 1.250 A de accionamento eléctrico.

-Seccionador pantógrafo a 72,5 kV e 2.500 A.

-Transformadores de tensión.

-Equipos de sinalización, mando e protección de instalacións.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas podarán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 22 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña