Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 549

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas convocadas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, pola que se convoca ós aspirantes das especialidades de mecánicos e mecamares para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

O tribunal designado para xulga-las probas convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994 para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia

pesqueira (grupo C), na súa reunión do día 9 de xaneiro de 1995, acordou convocar ós aspirantes que teñan superado o primeiro exercicio das especialidades de Mecánicos e Mecamares, da escala de mariñeiros especializados, da fase de oposición para a celebración do segundo exercicio, de carácter eliminatorio, que consistirá nunha práctica sobre motores navais de unha hora, como máximo, de duración.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Lugar de celebración do exercicio: Escola Oficial Náutico-Pesqueira, Avda. 19 de febreiro, Serantes, 15045 Ferrol, teléfono 981-31 76 11.

Os aspirantes serán citados por orde alfabética empezando pola letra «O» no taboleiro de anuncios da devandita escola con, como mínimo, 12 horas de antelación á celebración de cada proba.

Convócase para:

-Día 20 de xaneiro ás 9.00 horas: de Otero Lago, José Manuel a Ríos Domínguez, Manuel (inclusive).

-Día 21 de xaneiro ás 9.00 horas: de Rivero Rodríguez, José Antonio a Sánchez Morales, Antonio (inclusive).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Presidente do tribunal