Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 1995 Páx. 549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 1994 pola que se adxudican dúas bolsas de colaboración en tarefas de estudio e investigación.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por resolución do 11 de novembro de 1994 (DOG nº 231, do 30 de novembro) dúas bolsas de colaboración en tarefas de estudio e investigación para a execución de tarefas desta natureza na EGAP.

O tribunal cualificador para a adxudicación destas bolsas, na súa reunión do 23 de decembro de 1994, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor dos dous candidatos que obtiveron maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgárlle-las ditas bolsas a Enrique José Varela Álvarez e a José Antonio Montero Vilar, que obtiveron 69 e 68 puntos, respectivamente.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (art. 114.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 1994.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública