Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 12 de xaneiro de 1995 pola que se regulan axudas e subvencións para actividades e investimentos realizados por entidades destinadas á promoción da muller.

O Estatuto de autonomía, no seu artigo 4, determina que corresponde ós poderes públicos de Galicia promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas, remove-los atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación de tódolos galegos na vida política, económica, cultural e social.

Así mesmo, no seu artigo 27.23 asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, e no seu artigo 33.2 establécese que lle corresponde o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de Seguridade Social.

A Lei 3/1991, do l4 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Promoción da igualdade do Home e da Muller, establece no seu artigo 3 como funcións do Servicio promover, coordinar e avaliar plans e programas de acción e o desenvolvemento de actividades que para a consecución dos obxectivos previstos na dita lei, realicen deputacións e concellos; así como incentiva-la participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e social.

O Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, no seu artigo 1 atribúelle á devandita consellería as competencias en materia de muller de acorde co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e nos termos sinalados pola Constitución española.

O Decreto 258/1990, do 27 de abril, establece o réxime xeral de axudas e subvencións en materia de servicios sociais, normativa á que, en consecuencia, se adaptará a presente orde, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto

1.-O obxecto da presente orde de convocatoria, que se rexerá polo disposto na Lei 11/l992, de réxime financeiro e presupostario, e no Decreto 258/1990, do 27 de abril, é conceder axudas e subvencións para programas, actividades, proxectos de estudio e/ou investigación que se desenvolvan durante o presente ano destinadas a facer posible a incorporación da muller na vida polílica, económica, cultural e social, e que fomenten o asociacionismo, para acada-la igualdade real e efectiva e a non discriminación entre homes e mulleres, así como axudas económicas ás entidades que presten servicios de atención á muller, e tamén para investimentos en equipamentos

e mobiliario que realicen as entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, destinadas á promoción da muller.

Estas axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212A.460, 14.50.212A.480 e 14.50.211A.780 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995.

2.-Para os efectos da presente orde consideraranse centros e servicios para a muller:

a) Os servicios e centros de información e asesoramento sobre temas xurídicos, de servicios sociais, e outros relacionados coa problemática derivada da discriminación por razón de sexo.

b) As casas de acollida para mulleras maltratadas: acallen mulleras e os seus fillos, cando se atopan en situación de indefensión, como consecuencia dos malos tratos físicos ou psíquicos que poñan en perigo a súa integridade persoal.

Artigo 2º.-Destinatarios

Poderán solicita-las subvencións as asociacións ou entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que sexan titulares de centros, presten algún dos servicios establecidos no artigo anterior ou realicen calquera outra actividade de iniciativa social, sempre que se atopen inscritas no rexistro de entidades prestadoras de servicios sociais, ó que se refire a Lei 4/93, do 14 de abril, de servicios sociais, ou que teñan presentada a correspondente solicitude de inscrición, aínda que nan se poderá aboa-lo importe das ditas axudas ata que non se efectúe a inscrición.

Así mesmo podarán solicitalas as persoas naturais, a título individual ou como integrantes de departamentos ou centros universitarios e equipos de investigación, sempre que o seu ámbito de actuación se circunscriba a esta Comunidade Autónoma.

Poderán solicitalas tamén as corporacións locais que presten algún dos servicios ou sexan titulares dalgún dos centros ós que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.-Tipos de axuda

Os tipos de axuda que se podarán solicitar son os seguintes:

a) De promoción de actividades.

-De carácter formativo ou científico.

-De carácter asociativo ou comunitario.

De integración social.

b) De estudio e/ou investigación.

c) De mantemento.

-Gastos correntes para o funcionamento dos servicios.

d) De investimentos.

-Equipos e mobiliario.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre as subvencións.

1.-Tódalas axudas reguladas por esta orde podarán estar suxeitas á formalización dun convenio entre o destinatario e o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que podará ser prorrogado para futuros exercicios nas condicións legalmente previstas.

2.-Para os distintos tipos de axudas a subvención poderá significa-lo financiamento total ou parcial do gasto, sen que en ningún caso implique duplicidade, de tal xeito que a suma das subvencións concedidas por todo tipo de organismos públicos, percibidas coa mesma finalidade, non supere o 100% do importe do gasto efectuado.

3.-Non se poderán conceder subvencións a institucións que non estean ó día no pagamento das súas obrigas fiscais ou que se atopen ó descuberto no ingreso das cotas da Seguridade Social do persoal asalariado dos centros, agás que se acollesen ós beneficios do Real decreto 716/l986, do 7 de marzo, sobre adiantamento de cotas sen pagar.

4.-O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller podará efectua-las comprobacións que considere oportunas en canto ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Lei de servicios sociais de Galicia ás asociacións de iniciativa social.

Artigo 5º.-Solicitude e documentación.

1.-As solicitudes formalizaranse mediante instancia segundo o modelo oficial que se xunta como anexo I ou II á presente orde, debidamente cubertas, dirixidas á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller agás cando se trate de actuacións de ámbito supraprovincial que se dirixirán á conselleira de Familia, Muller e Xuventude.

2.-Documentación que se achegará coa solicitude:

2.1.-Documentos comúns a tódalas axudas:

a) Fotocopia do DNI da persoa que asina a solicitude e, se representa a unha entidade, documentación acreditativa desa representación.

b) Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal, se é o caso.

c) Orzamento desagregado dos gastos previstos para cada actividade así como os recursos humanos e materiais cos que conta para o seu funcionamento.

d) Declaración das subvencións obtidas ou solicitadas doutros entes públicos ou privados para a mesma finalidade, ou negativa, se é o caso.

e) Ficha de solicitude de transferencia bancaria (anexo III).

Cando o solicitante sexa unha corporación local, ademais da documentación prevista nas letras b), d) e e), desta número deberá xunta-la seguinte:

a) Certificación da contía establecida nos orzamentos da corporación local destinada ó mantemento e desenvolvemento dos servicios obxecto da solicitude.

b) Certificado do acorde da corporación local de solicita-la subvención e, no caso de prórroga, de

que continúa na prestación dos servicios nas mesmas condicións do ano anterior.

2.2.-Documentos específicos para cada tipo de axuda.

I.-Para subvencións de promoción de actividades.

a) Memoria da institución (anexo IV).

b) Proxecto no que figura a actividade ou actividades que se realizarán, descrición dos obxectivos, metodoloxía, calendario, poboación e ámbito xeográfico do desenvolvemento da actividade.

c) Compromiso expreso de ceder a favor da Xunta de Galicia os dereitos dos resultados obtidos no caso de congresos, reunións científicas, estudios e publicacións así como presentar un informe deles.

II.-Para subvencións de proxectos de estudio e/ou investigación:

a) Breve memoria do proxecto do estudio e/ou investigación na que se especifiquen os obxectivos xerais, metodoloxía e interese, a súa data de comezo e prazo previsto para a realización.

b) Currículum vitae da persoa investigadora principal e, se é o caso, de cada un dos integrantes do equipo investigador.

III.-Para subvencións de mantemento:

Carpeta na que conste a identificación do centro, descrición técnica do cadro resumo do persoal, relación de beneficiarios e orzamento de mantemento (anexo V).

Cando se trate de servicios nos que, pola natureza da atención prestada, non sexo conveniente ou posible identificar concretamente as persoas atendidas, substituirase o cadro resumo e a relación de beneficiarios por unha certificación do director do centro co visto e prace do presidente da institución na que se indique o númere de beneficiarios.

IV.-Para investimento

-Orzamento da adquisición que se pretende realizar.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 7º.-Lugar de presentación de solicitudes e documentación.

As solicitudes e maila documentación requirida presentaranse de conformidade cas modelos formalizados perante o Rexistro Xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, nas delegacións provinciais da consellería, ou por calquera dos medios previstos nas normas reguladoras do procedemento administrativo.

Artigo 8º.-Tramitación dos expedientes.

1.-No caso de tratarse de asociacións ou outras entidades prestadores de servicios sociais, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes,

o órgano encargado do seu rexistro emitirá unha certificación relativa ás entidades inscritas e ás que solicitaron a inscrición pero que están pendentes de resolución no rexistro nesa data, para compraba-lo disposto no artigo 2, e remitiraa ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2.-Servicio Galego de Promoción da lgualdade do Home e da Muller comprobará que os expedientes reúnen tódolos requisitos recollidos na presente orde e procederá a reclamar por escrito ós interesados os datos, documentos e aclaracións que consideren necesarios para completa-lo expediente co apercibimento de que, se así non se fixese no prazo de 10 días, arquivarase o expediente sen máis trámite.

3.-Revisados os expedientes e completados, se é o caso, remitiranse á comisión, para propoñe-la aprobación e a denegación de expedientes, seguindo os criterios recollidos na presente orde.

Artigo 9º-A Comisión de Valoración estará constituída do seguinte xeito:

Presidenta: a secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Vocais o xefe do Servicio de Cooperación, Estudios e Programas e o xefa de Servicio de Xestión Económica, que actuará como secretaria

Artigo 10º.-Criterios de valoración das axudas.

1.-Axudas para promoción de actividades:

1.1.-Adecuación dos programas á finalidade e obxecto da presente orde.

1.2.-O ámbito territorial de desenvolvemento do programa ou actividade.

1.3.-O alcance social do proxecto ou actividade e, en especial, a súa contribución ó desenvolvemento persoal e á integración social do colectivo ó que se dirixe.

1.4.-Os elementos innovadores dos programas.

1.5.-A percepción doutras subvencións.

2.-Axudas para proxectos de estudio e/ou investigación:

2.1.-A calidade científica, orixinalidade e a base de investigación empírica.

2.2.-O ámbito territorial do traballo de investigación.

2.3.-A percepción doutras subvencións.

3.-Axudas para mantemento:

A continuidade no funcionamento dos centros e servicios que recibiron subvencións no ano anterior.

4.-Investimento:

O déficit ou a insuficiencia de recursos na respectiva área de actuación e o interese social da actividade da entidade.

Artigo 11.-Resolución

1.-A resolución das axudas, unha vez emitido o informe-proposta pola Comisión de Valoración e fis

calizado pola Intervención, correspóndelle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, agás aquelas destinadas a subvencionar actividades de asociacións ou federacións de ámbito supraprovincial, que serán resoltas pola conselleira de Familia, Muller e Xuventude.

Artigo 12º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1.-Os beneficiarios, con independencia da súa contía, e antes de proceder ó seu cobro, terán que acreditar que se atopan ó día nas súas abrigas tributarias e sociais e que non tañen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma.

2.-Unha vez dictada a resolución pola que se concede a subvención procederase ó pagamento e xustificación, na forma que a continuación se indica, agás nos casos nos que se establezan convenios nos que se aplicará o que neles se sinale.

2.1.-Subvencións para a promoción de actividades, para mantemento e para proxectos de estudio e/ou investigación.

As subvencións poderanse facer efectivas de conformidade co establecido na Lei de 6/1994, do 29 de decembro, presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1995, da seguinte forma:

-Para aquelas que non superen o importe de un millón de pesetas, podará anticiparse ata un 80% da contía outorgada, librándose o 20% restante no momento da completa xustificación por parte do beneficiario, do cumprimento da finalidade e demais condicións para a que foi concedida.

-Nos demais casos poderase facer efectivo o pagamento da axuda do seguinte xeito:

a) Un primeiro prazo do 50% da totalidade da subvención, no momento da súa concesión.

Para facer efectivo este anticipo deberase presentar como medio provisional de xustificación, unha certificación emitida polo órgano competente da entidade, do inicio das actividades.

b) O 50% restante unha vez presentada pola entidade beneficiaria, certificación acreditativa de que foi realizado un gasto igual ou superior á axuda concedida e que esta foi destinada ó fin outorgado.

A entidade receptora deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, perante o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, un balance de ingresos e gastos que abranga todo o ano natural conforme o anexo VI. O cumprimento deste trámite será requisito previo para a concesión das subvencións nos exercicios seguintes.

Cando se trate de subvencións de estudios e/ou investigación, os beneficiarios deberán presentar antes do 15 de marzo de 1996 o estudio ou traballo de investigación realizado, así como o balance de ingresos e gastos segundo o modelo do anexo VI.

2.2.-Subvencións para investimento.

A subvención aboarase unha vez efectuado o gasto e presentado un certificado do representante legal da entidade no que conste a realización da subministración xunto coas facturas orixinais ou fotocopias de cada unha das casas subministradoras.

Artigo 13º.-Obrigas dos adxudicatarios das subvencións.

1.-Para promoción de actividades.

a) Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de que a actividade está subvencionada polo Servicio Galego de Promoción da Igualde do Home e da Muller.

b) Remiti-los informes que reclamen os órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

c) Autoriza-la inspección e control dos órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da lgualdade do Home e da Muller, sobre os seus centros e actividades.

2.-Para os proxectos de estudio e/ou investigación.

a) Admitir en todo momento que o Servicio Galego de Promoción da Igualdede do Home e da Muller, a través dos seus servicios técnicos, reclame información sobre o estado da realización do traballo de investigación, así como da súa adecuación á memoria presentada.

b) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que proceda efectuar no proxecto subvencionado.

3.-Para mantemento.

a).-Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes do servicio.

b) Autoriza-la inspección e control dos órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, sobre os seus centros e actividades.

4.-Investimento.

Facer constar en todo tipo de publicidade e información a condición de ser subvencionada polo Servicio Galego de Promoción da igualdade do Home e da Muller.

Artigo 14º.-Os proxectos de estudio e/ou investigación subvencionados pasarán a ser propiedade do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que os incorporará ó seu Servicio de Cooperación, Estudios e Programas, reservando para si a posibilidade da súa publicación.

No suposto de que o servicio decidise non publica-lo traballo e este se publicase en calquera editorial, deberase mencionar expresamente a subvención recibida do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para este fin.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas na presente orde, así como a duplicidade de axuda con cargo a outros créditos do orzamento xeral do Estado, da Seguridade Social, administración institucional, autonómica ou local, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 78.6 da Lei 11/92, de réxime financeiro e orzamentario.

Terceira.-Se, por calquera causa, no momento no que a Comisión de Valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos compoñentes no puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para o outorgamento das axudas e, sempre que sexa posible, o devandito nomeamento deberá recaer neutra do mesmo servicio que a substituída.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

Manuela Lopez Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude