Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 1995 Páx. 539

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, do tribunal que xulga as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se ordena a publicación das puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión mantida o día 23 de decembro de 1994 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de axentes de extensión pesqueira (grupo B), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo), acordouse dicta-la seguinte resolución:

1.-De conformidade co disposto na base II.2.1. da convocatoria, apróbanse as puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición, que se encontran expostas, a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e das delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

2.-Segundo o disposto na base II.2.1. da convocatoria, superaron o primeiro exercicio e pasan á segunda fase da oposición os aspirantes que obtivesen unha puntuación igual ou superior a 4,5 puntos.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

J. Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal