Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia o sometemento ó trámite de información pública da solicitude de declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos de servidume de paso de enerxía eléctrica que se cita. (Expediente número 3.923 A.T., exprop. nº 143).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalácións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ cidade de Viveiro, 4, solicitando a declaración de necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre bens e dereitos que se afectan segundo dispón o parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. Descríbense na relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados cos que non foi posible o acordo amigable, para a execución das instalacións seguintes:

-Reelectrificación de Bacoi, 2ª fase (L.M.T. ó C.T. Gorvidal), no termo municipal de Alfoz, autorizada

e declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación provincial de data 24 de marzo de 1994.

Para os efectos do disposto no número 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, den tro dos quince días seguintes ó da publicación desta resolución, que terá logar no Boletín Oficial da provincia e mais no xornal El Progreso, así como no Diario Oficial de Galicia, e os interesados en igual prazo, ós que se lles efectúa notificación individual, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións prodecentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do aludido regulamento. Para este efecto estarán expostos os expedientes, cos planos de situación e parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo rúa Pascual Veiga, 12 14, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán reclamar a través desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 15 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo