Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda de Ourense, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13-763620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago.
E para que conste e lle sirva de notificación ós denunciados de domicilios descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Ourense o 16 de decembro de 1994.
José Ignacio Domínguez Pedrosa
Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense