Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 18 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento de actas previas en relación coa liña eléctrica de media tensión ó centro de transformación de Vilafernando, concello de Trabada (Expediente 3.371-A.T.).

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de ontubro, e declarada polo Decreto 333/1994 (Diario Oficial de Galicia nº 215, do 8 de novembro de 1994) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 2-6-1993, faise saber a tódolos afectados pola execución dos proxectos que a seguir se indican, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4.

-Liña de media tensión ó centro de transformación de Vilafernando, no concello de Trabada (expediente nº 3.371 A.T.), que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 2-6-1993 e expostas nos taboleiros oficiais das Casas do Concello e no desta delegación provincial, sita en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírtese ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente sinalándolles dias e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 18 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo