Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 460

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.162 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Telefónica de España, S.A. con domicilio en Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T. reemisor no monte Padornelo, en Mondoñedo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposición vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Telefónica de España, S.A. a instalación de liña de media tensión, de 20 kV, con conductor LA-56, apoios metálicos, cunha lonxitude de 2.022 metros, con orixe na L.M.T. Mondoñedo-Abadín e final no C.T. reemisor. Centro de transformación á intemperie, de 50 kVA, 20.000, 398/230 V. Redes de baixa tensión, con conductores, RV 0,6/1 kV, 3 x 1 x 95 mm Cu.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo