Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 458

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de decembro de 1994 pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para realizar estudios de doutoramento, convocado no anexo I.A (bolsas de nova adxudicación) da Orde do 1 de xuño de 1994 (DOG do 13 de xuño).

A Orde do 1 de xuño de 1994 (DOG do 13 de xuño) pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo I.A, a concesión de bolsas de nova adxudicación para realizar estudios de doutoramento.

Por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigación do 28 de novembro de 1994 (DOG do 5 de decembro) e de conformidade coa base 7 do aludido anexo I.A, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas axudas. No apartado segundo da devandita resolución fixábase un prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola Comisión de Selección de Política Científica, creada por Decreto 160/91, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto), esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concéderlles bolsa de nova adxudicación para realizar estudios de doutoramento ás persoas que se relacionan no anexo I á presente orde.

Artigo 2º.De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a contía das bolsas ás que se refire o artigo anterior será de 50.000.-ptas./mes. brutas durante o período comprendido entre o mes de outubro de 1994 a setembro de 1995.

Artigo 3º.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se fixo referencia no artigo 1º, a Dirección Xeral de Universidades e investigación procederá a adxudicarlle a bolsa a algunha das persoas que se relacionan no anexo II. A asignación farase pola mesma orde na que se relacionan.

Artigo 4º.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 1 de xuño de 1994, suporá a perda do dereito a percibi-la subvención correspondente.

Artigo 5º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director Xeral de Universidades e Investigación