Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 1995 Páx. 460

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dos elementos do proxecto de transformación 220/66 kV na subestación de Mesón do Vento (A Coruña), e se aproba o seu proxecto de execución (expediente nº 52.604).

Vistos o escrito e documentación presentados perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Fernando Macías, nº 2, da Coruña, polos que se solicita autorización administrativa

e a aprobación do proxecto de execución do proxecto de transformación 220/66 kV na subestación de Mesón do Vento, concello de Ordes (A Coruña), (expediente nº 52.604).

Resultando: que, en cumprimento do disposto no artigo 9º do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o expediente se someteu a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 14-1-1993, publicada no DOG do 9-3-l993, e no BOP da Coruña do 2-4-1993, sen que se presentase no período hábil regulamentario reclamación nin oposición ningunha.

Resultando: que o proxecto consiste na ampliación da subestación eléctrica que Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ten instalada en Mesón do Vento, concello de Ordes (A Coruña), coa instalación e montaxe de:

-Un transformador de potencia 75 MVA e tensións 220/66 kV.

-Un módulo de protección do trafo no parque de 400/220 kV.

-Un interruptor, tres seccionadores pantógrafos e dous seccionadores con coitelas de posta a terra tripolares e a 245 kV.

-Tres trafos de tensión e outros tres de intensidade a 245 kV.

-Conxunto de celas a 66 kV en SF composta por dobre barra a 66 kV, unha posición de transformación 220/66 kV, unha posición de acoplamento de barras e cinco posicións de liña de 66 kV.

-Aparellaxe de protección, mando, sinalización e equipos de medida.

-A estructura substentadora das conexións eléctricas aéreas constará de catro postes de 15,00 m de altura e dous dinteis de 16,00 m construídos en aceiro galvanizado, ancorados en zapatas de formigón.

O orzamento da obra ascende a un importe neto de 495.600.000 ptas.

Considerando: que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

Considerando: que a solicitude de autorización administrativa e mailo proxecto de execución da instalación referida están informados tecnicamente de xeito favorable e proposta a súa aprobación pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Considerando: que as obras sinaladas cumpren coas normativas técnicas vixentes en materia de tendidos de liñas eléctricas, así como co preceptuado no Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión (Decreto 3.151/1968, do 28 de novembro; BOE do 27-12-1968).

Considerando: que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta na normativa antes mencionada.

Esta dirección xeral:

RESOLVE:

1º) Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación dos elementos do proxecto de transformación 220/66 kV na subestación de Mesón do Vento-Ordes (A Coruña).

2º) Aproba-lo proxecto de execución da instalación de transformación de enerxía eléctrica autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo nº 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1994.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria