Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recucursos Económicos, pola que se anuncia unha asistencia técnica de apoio ó Centro de Soporte Técnico do Sergas, polo procedemento de concurso público e tramitación anticipada do expediente de gasto.

I.-Obxecto e orzamento: unha asistencia técnica que dea soporte e apoio ós labores que o Centro de Soporte Técnico do Sergas desenvolve habitualmente, por un importe de 78.000.000 de ptas., IVE incluído. Ver punto 4.1 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

II.-Prazo de execución: o prazo para a realización da asistencia técnica é desde o 1-3-1995 ata o 28-2-1996, ambos inclusive. Ver punto 13 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pode ser solicitada na Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, en días laborables desde as 9 horas ata as 14 horas.

IV.-Fianzas: constitución fianza definitiva. Ver punto 12.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

V.-Clasificación: os licitadores deberán presentar certificado de clasificación sempre que o orzamento da asistencia técnica sobrepase a cantidade esixida pola Lei de contratos do Estado. Ver punto 8.2.3) do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da consellería /Sergas, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, contado a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do R X.C.E.

VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida no acto público na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

VIII.-Documentación que deberán xunta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

P.A.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Subdirector xeral de Orzamentos e Xestión

Económica