Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, das instalacións eléctricas que se citan. (Expediente número 143/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Electra del Narahío, S.A., con domicilio en Vista Alegre-Doso-Narón, 15577 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Centro de distribución de enerxía eléctrica de Bouzarredonda (Neda), coas seguintes inslalacións:

-Cela xeral da liña de Fervenza.

-Cela da liña da central hidroeléctrica.

-Cela da liña Cerdido-Moeche (Mina).

-Cela da liña de San Sadurniño.

-Cela da liña de Sedes, cada unha das celas equipadas con: un seccionador tripolar de 630 A e 24 kV, un interruptor trifásico automático de exafluoruro de 36 kV e 1.250 A.

-Cela do transformador de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 V.

-Cela de condensadores de 8.660 V. e 200 Kvar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas podarán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña