Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de avaliación de efectos ambientais do proxecto da canteira de cuarcita Dos Boedos.

O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto da canteira de cuarcita Dos Boedos, situada no lugar de Monte A Madorra, parroquia de Illán, termo municipal de Begonte, provincia de Lugo.

2.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia de Lugo.

* Concello de Begonte.

3.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

4.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondientes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente