Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (344/1994).

En virtude do acordado por Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia do día de hoxe, dictada no xuízo de faltas 344/1994-C, que se segue sobre danos intencionados, cítanse os denunciados Antonio Ferreiro Gómez e Adelia de Jesús Costinha Martíns, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan perante este xulgado, o próximo día trinta e un de xaneiro de 1995, ás 10.20 horas, co fin de asistiren á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, coas medios de proba de que se intenten valer, facéndolles sabe-lo disposto no artigo 8º do Decreto do 21 de novembro de 1952; podarán ser asistidos de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintesete de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario xudicial