Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 1995 Páx. 431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

EDICTO do 29 de decembro de 1994 de exposición ó público das normas subsidiarias de planeamento do concello de Monterroso.

Aprobadas inicialmente polo Pleno do Concello as normas subsidiarias de planeamento, sométese

a información pública polo prazo de un mes, contado a partir da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante o expresado prazo poidan ser examinadas e formula-las reclamacións contra elas e o expediente tramitado para o efecto.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 297, do 29 de decembro, publícanse as áreas de suspensión de licencias e onde quedan vixentes os outorgamentos delas, así como o prazo de suspensión.

Monterroso, 29 de decembro de 1994.

Luis Pereiro Vázquez

Alcalde de Monterroso

José Antonio Fente Ledo

Secretario