Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 174/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o centro de seccionamento e de reparto de liñas de M.T. en Caldas ata o C.T. que se proxecta en Plaza, concello de Caldas de Reis.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. soterrada, a 20 kV, de 440 m de lonxitude, con conductor tipo RHV, C.T., de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.

Orzamento: 15.796.546 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra