Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de cambio de tensión subestación San Xurxo que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: na zona alimentada desde a subestación San Xurxo a través das liñas existentes 5704 San Xurxo-Cerdedo e 3307 Lalín-Vilatuxe-Forcarei, por cambio de tensión a 20 kV, no concello de Forcarei.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: adaptaranse os CC.TT. modificando o seu illamento, relación de tensións, rebobinado ou substitución de máquinas, e nas liñas cambiaranse os interruptores, seccionadores, autoválvulas e illadores.
Orzamento: 21.190.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 5 de decembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra