Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 172/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de cambio de tensión en subestación San Xurxo que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na zona alimentada polas liñas existentes 5704 San Xurxo-Cerdedo e 5705 San Xurxo-Arcela, alimentadas a través da subestación San Xurxo, por cambio de tensión a 20 kV, concello de Cotobade.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: nos CC.TT. faranse os cambios de relación de tensións, rebobinado ou substitución da propia máquina e nas liñas cambiaranse os interruptores, seccionadores, autoválvulas e illadores.

Orzamento: 7.110.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 5 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra