Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de cambio de tensión subestación San Xurxo que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: na liña existente 5704 e as súas derivacións, alimentada a través da subestación de San Xurxo, para adaptala a 20 kV, concello da Lama.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: modificarase nos CC.TT. o illamento e aparellaxe, así como o cambio de tensión a 20 kV, nas liñas cambiaranse interruptores, seccionadores, autoválvulas e illadores.
Orzamento: 7.190.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 5 de decembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra