Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 175/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de dúas liñas de M.T. soterradas que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: parten ámbalas liñas do C.T. existente en Relva, rematando a primeira na L.M.T. a C.T. polígono de Torneiros-Ribeira e a segunda na L.M.T. a C.T. polígono de Torneiros, ámbalas dúas no concello do Porriño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. a 15/20 kV, de 475 m de lonxitude, con conductores RHV.

Orzamento: 4.099.874 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra