Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (473/1990).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de xuízo de cognición número 473/1990, sobre reclamación de cantidade, nos que é demandante o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e demandado Jesús Pereiro Lojo, sendo a contía do asunto de 413.257 ptas. de principal, máis 200.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas, notifícaselle o embargo dos seguintes bens: leira e casa sitas no núcleo urbano de San Mamede de Piñeiro, Ames. Ten unha extensión superficial de 784 metros cadrados, dos cales 239 metros cadrados son de casa e o resto de leira. Linda: norte, pista comarcal; sur, Manuel González Vázquez; leste, Divina González Regueiro e oeste, Lina Felisa Pereiro Loio.

Faise constar que se realizou o embargo sobre o ben do demandado sen requirimento previo de pago por descoñecerse o seu domicilio.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Jesús Pereiro Lojo, expido este edicto en Santiago de Compostela, o 1 de decembro de 1994.

A secretaria

Rubricado