Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (335/1994).

Acordado así polo maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, por providencia do día da data, dictada en xuízo de menor contía número 335/1994, sobre resolución de contrato e outros extremos, no que é demandante María Dolores Míguez Iglesias, representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra Viviendas 2001, S.A., os esposos José Abalo Dasilva e Josefa Migues Rodríguez, os esposos Eugenio López Rúa e María del Carmen Pérez Capeanas, Karios Compañía de Seguros y Reaseguros, Luis Lorenzo Sotelo e a súa esposa, Remedios Fiuza Pérez, Luis Carlos Lorenzo Fiuza, María del Carmen Lorenzo Fiuza, Jesús Díaz Laso, Francisca Barral Ares, María Victoria Pestonit Barral, Maximina Pestonit Barral, José López Viñas e os seus fillos, José, María Celsa e María Paz López

Pestonit e a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, por esta cédula emprázase a tódalas persoas descoñecidas e incertas ás que puidese afectar este litixio, para que no prazo de vinte días a contesten e comparezan nos autos en forma legal, baixo apercibimento de rebeldía e de producirlle-los prexuízos a que haxa lugar.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1994.

A secretaria

Rubricado