Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 403

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (192/1991).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di: «En Santiago de Compostela, o vintedous de febreiro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por S.Sª os presentes autos de xuízo de menor contía nº 192/1991, seguidos perante este xulgado por instancia da procuradora Sra. Sánchez Silva, en nome e representación de Mª Josefa Balboa Carbia, contra Antonio Quinteiro Canedo, en situación procesual de rebeldía, sendo parte o ministerio fiscal, sobre privación da patria potestade.

Decido: que, estimando a demanda interposta pola procuradora Mercedes Pintos Barreiro, en nome de Mª Josefa Balboa Carbia, contra Antonio Quinteiro Canedo, debo priva-lo dito demandado totalmente da patria potestade sobre o seu fillo menor Pedro Quinteiro Balboa. Impóñense ás custas procesuais ó demandado.

Notifíqueselle esta sentencia ó demandado rebelde de conformidade co establecido no art. 769 da Lei de axuizamento civil.

Advírtanse as partes de que esta sentencia non é firme e de contra ela cabe interpoñer recurso de apelación por escrito perante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde a súa notificación e para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo.»

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado en rebeldía, Antonio Quinteiro Canedo, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o trinta de maio de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado