Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 403

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (12/1994).

Por medio da presente cédula e en virtude do acordado polo xulgado nos autos de xuízo verbal civil, número 12/1994, promovidos por Jesusa Rúa Santomé, contra María Eugenia Cabrera Sarmiento e Aseguradora Mapfre, sobre reclamación de cantidade por danos ocasionados en accidente de tráfico, cítese a Mª Eugenia Cabrera Sarmiento -en paradoiro descoñecido- para que o vindeiro día seis de febreiro, ás dez horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir a xuízo, baixo apercibimento de que se non comparece nin alega causa xusta seguirase o xuízo na súa rebeldía, facéndolle saber que as copias da demanda están ó seu dispor na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de cédula de citación expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario do xulgado