Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 403

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (178/1993).

Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña), dou fe de que nos autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía número 178/1993; seguidos ante este xulgado, se dictou a sentencia que ten o encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia. En Arzúa, vintedous de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido, os presentes autos de xuízo de menor contía sobre reclamación de cantidade rexistrados co número 178/1993, dos asuntos civís deste xulgado, sendo demandante Comercial Domecq, S.A., representada polo procurador Ricardo García Piccoli, contra Cía. de Vinos Licores Mellid; Antonio Gendo Fandiño Buján, María González Baliño, José Antonio Quintela Estaviz e Marisol Parrado Mello.

Decido: Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes en nome e representación de Comercial Domecq, S.A., e na súa consecuencia debo condenar e condeno os demandados nas presentes actuacións a que aboen á actora a cantidade de 934.178 ptas. máis o xuro legal desde a data de presentación da demanda ata o completo pagamento, todo iso con expresa condena en custas.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no termo de cinco días, ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Dolores de los Ríos Andérez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa e o seu partido.

Para que así conste e sirva de notificación de sentencia ós demandados antes referidos e declarados en rebeldía procesual, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o doce de decembro de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria xudicial

Rubricado