Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 402

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (51/1994-J).

María José Gil Taboada, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, fago saber que neste xulgado se seguen autos de expe

diente de xurisdicción voluntaria co número 51/1994-J, promovidos por Montserrat Ameneiros Andión e Pedro Crespo Andión, representados pola procuradora María Teresa Pita Urgoiti, sobre declaración de falecemento de Pedro Miguel Andión García, nacido o día 8 de maio de 1909 na Habana, Cuba, fillo de Pedro e de María Josefa, de nacionalidade española, quen residiu na Coruña cos seus pais ata o ano 1953, en que se ausentou para Cuba, e do que non se volveron ter noticias desde hai máis de vinte anos.

E para que así conste e sirva de aviso a todas aquelas persoas ás que poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña, o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado