Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 402

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1994 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de producción vexetal, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente desta universidade, a Mª Eugenia López de Silanes Vázquez.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de producción vexetal, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente desta universidade, a prol de Mª Eugenia López de Silanes Vázquez, DNI número 35.259.703, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Eugenia López de Silanes Vázquez profesora titular de universidade da área de coñecemento de producción vexetal, do departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente desta Universidade de Vigo.

Este nomeamento terá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Calicia no prazo de 2 meses a contar desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 21 de decembro de 1994.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo