Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xaneiro de 1995 pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1995.

Dando cumprimento ó disposto na Lei 13/1991 do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios de campamentos, albergues, residencias, centros e demais instalacións da xuventude dependentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 3 de febreiro de 1993 (DOG nº 30, do 15 de febreiro).

A Lei 13/1993, que regula as taxas, prezos e exancións dispón no seu artigo 6 que a contía destes será acordada por orde da consellería correspondente, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo único

1. As tarifas esixibles como contraprestación polos servicios e actividades de campamentos, albergues, residencias, centros e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, son as que se fixan no anexo desta orde. A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE

A. Oferta concertada de campamentos e albergues de verán

A.1. Campamentos (por praza)

Tarifa

en ptas.

Por quincena 13.000

Por día 1.090

A.2. Albergues e residencias.

Por quincena 17.000

Por día 1.550

A.3. Os prezos en campamentos e albergues abranguen os seguintes servicios: inclúe o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

B. Promoción directa da Dirección Xeral.

B.1. Campamentos.

Tarifa

en ptas.

Promoción normal (por quincena) 14.500

Cursos de especialidade (por quincena) 16.000

Aulas aire libre (por quincena) 16.000

Aulas natureza (por quincena) 16.000

B.2. Albergues.

Tarifa

en ptas.

Promoción normal (por quincena) 20.000

Cursos de especialidade (por quincena) 21.000

Cursos de idiomas estranxeiros (por

quincena 22.000

Cursos de náutica: vela e táboa e

esquí (quincena) 25.000

Cursos de náutica: vela e táboa (por

quincena) 22.000

Rotas turístico-culturais e deportivas 22.000

B.3. Campos de Traballo.

Ámbito autonómico e nacional (por

quincena) 8.000

Ámbito internacional (por quincena) 8.000

C. Por servicios nos albergues e residencias.

AtaMaiores de

Servicios por persoa26 anos26 anos

Pensión completa 1.700 2.275

Media pensión (1) 1.300 1.800

Aloxamento 725 1.075

Aloxamento e almorzo 880 1.300

Xantar ou cea 675 750

(1) Aloxamento, almorzo e cea.

D. Servicio en residencias xuvenís para estudiantes (por mes, curso 1995/96): 1 de outubro a 30 de xuño.

D.1. Servicios nas residencias.

Tarifa

en ptas.

Residencias internos 33.500

Medio pensionistas externos (xantar e

merenda) 14.000

E. Servicios en instalación recreativo-deportivas.

E.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen ener-Con ener-

xía eléc.xía eléc.

Adestramento/hora para

infantís e xuvenís 930 1.300

Partidos 1.300 2.500

E.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen ener-Con ener-

xía eléc.xía eléc.

Ata dezaoito anos e

maiores/hora 525 925

E.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora 250

Maiores 350

E.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís 125

Maiores 250

F. Servicios para actividades recreativas ó aire libre en campamentos e albergues.

F.1. Acampadas (con tendas da entidade): 75 ptas./día persoa.

F.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.600 ptas./día/ata 100 usuarios.

4.800 ptas./día/101 a 300 usuarios.

7.500 ptas./día/301 a 500 usuarios.

12.500 ptas./día/máis de 500 usuarios.

*** As tarifas serán expostas nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non de enerxía eléctrica.

Os grupos que usen a instalación terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas deportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso de polideportivos cubertos ou ximnasios.